O mércores, 5 de agosto, celebrarase o obradoiro de adultos ‘Mans que soan. Construción dun pandeiro tradicional’ da man de Vicente Triskel. Será a partir das 18:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. A actividade forma parte da programación da Semana Cultural do Concello de Zas. Para máis información e inscricións pódese chamar ao 981 751 398. As inscricións teñen un prezo de 30 euros e son obrigatorias.