SEMANA CULTURAL

Zas quenta motores para a Carballeira cunha Semana Cultural chea de actividades para todos os públicos

O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipio acollerá unha Semana Cultural con múltiples actividades para todos os públicos, unha programación que servirá de antesala á 41ª Festa da Carballeira, que se celebrará o 7 de agosto.

Durante cinco intensas xornadas, a veciñanza e as persoas visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de propostas que abranguen desde obradoiros infantís e familiares ata actividades para persoas adultas, contacontos, concertos, cine ao aire libre, exposicións, encontros divulgativos, observación astronómica, artesanía, literatura, gastronomía ou humor. Un programa pensado para encher de actividade o municipio desde a mañá ata a noite e para todos os gustos e idades.

 «O obxectivo é que durante toda a semana Zas sexa un punto de encontro arredor da cultura», sinala o alcalde, Manuel Muíño. «Deseñamos unha programación moi ampla, variada e participativa, na que teñen cabida a música, o patrimonio, a creación artística, a tradición, a divulgación e as actividades familiares. Queremos que tanto a veciñanza como quen nos visite atopen cada día varias propostas atractivas para desfrutar do noso concello».

Programación completa

A programación arrancará xa o 31 de xullo coa proxección de ‘As liñas discontinuas’, dentro do Ciclo Mestre Mateo, na Praza do Campo. Ademais, durante toda a Semana Cultural permanecerán abertas no Centro Sociocultural de Zas tres exposicións: ‘Restauración de mobles e bordado’, realizada polo alumnado das aulas municipais; ‘Zas, na ollada dos Vidal’, dedicada ás paisaxes e ás xentes do municipio a través das fotografías de Plácido e José María Vidal; e ‘Voluntarios, alma da Carballeira’, unha homenaxe ás persoas que fan posible a celebración da festa.

 A estas propostas súmase tamén a intervención artística ‘Mural Festa da Carballeira’, que realizará o Colectivo Vella Escola na Escola Infantil A Galiña Azul.

 Ao longo da semana sucederanse obradoiros de percusión, cociña saudable, costura creativa, construción dun pandeiro tradicional ou decoupage; contacontos para diferentes idades; actividades divulgativas sobre o mar e o consumo responsable; presentacións de libros; proxeccións do Ciclo Mestre Mateo; concertos de Comando Curuxás e da Coral San Martiño de Cánduas; o monólogo de Leti da Taberna; o espectáculo musical de Caxoto e unha sesión de observación do ceo nocturno con telescopios.

«A Semana Cultural é a mellor maneira de preparar o ambiente para a Carballeira, unha festa que transcende o ámbito local e que cada ano reúne en Zas milleiros de persoas arredor da música e da cultura galega».

Inicio da Festa da Carballeira

A programación culminará o 7 de agosto co inicio da 41ª Festa da Carballeira, coa actuación de El Nido, Baiuca e David Pasquet.

A gran xornada festiva chegará o 8 de agosto, cun programa que se estenderá durante todo o día e que incluirá feira de artesanía, exhibición de talla con motoserra, sesión vermú con mexilloada popular, actividades infantís, espectáculos familiares, a tradicional Gran Foliada e un cartel musical de primeiro nivel coas actuacións de Paco Nogueiras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, C’3 Orquestra Pantasma, Mago Teto, Alana, Radio Cos, Backwest, Fillas de Cassandra e Señora DJ.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 julio, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 julio, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 julio, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 julio, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 junio, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 junio, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.