Presentación nova web municipal Zas

O Concello de Zas presenta a súa nova páxina web municipal

O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun novo espazo dixital máis accesible, intuitivo, visual e cómodo para a navegación, pensado para mellorar a comunicación coa veciñanza e facilitar o acceso á información e aos servizos municipais.

A nova web recolle todos os contidos e servizos de interese para a cidadanía, con apartados específicos de Turismo, Novas e actualidade, Axenda de eventos, Sede Electrónica e Tablón de Anuncios, entre outros, ofrecendo unha estrutura clara e adaptada ás necesidades actuais.

O acto de presentación celebrouse nas Torres do Allo e contou coa intervención do alcalde de Zas, Manuel Muíño, da responsable da empresa Medialeva, Gema Lema, e do responsable de WP Nordés, Diego Alonso, empresas encargadas do desenvolvemento do proxecto.

Durante a súa intervención, o alcalde de Zas destacou que “a páxina web é a ventá máis segura e completa coa que un Concello se presenta ao mundo e por iso quixemos mellorala en seguridade e accesibilidade, facéndoa máis moderna e presentando os contidos tanto en galego coma en castelán e inglés”.

Unha xornada centrada no ámbito dixital

Ademais desta presentación, as Torres do Allo tamén acolleron a conferencia ‘A Intelixencia Artificial na vida das persoas’, a cargo dos profesores do IES Maximino Romero, Óscar Manuel Rey e Fina Paulos. Durante a súa intervención, os relatores ofreceron unha reflexión divulgativa sobre o impacto da intelixencia artificial no día a día da cidadanía, achegando esta tecnoloxía á realidade cotiá dunha maneira clara e accesible.

En paralelo, tamén se aproveitou esta xornada para avanzar varias novidades sobre a nova canle oficial de WhatsApp do Concello de Zas, unha ferramenta que substituirá ás actuais listas de difusión. Este novo sistema permitirá mellorar a comunicación coa veciñanza, facéndoa máis directa, áxil e ordenada, e facilitando o acceso á información municipal de interese.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

2 mayo, 2026
O Concello de Zas acollerá a partir do vindeiro luns, 4 de maio, a exposición ‘Cores da alma’, unha mostra do artista catalán José...
1 mayo, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.