Acondicionamento brandomil2

O espazo natural próximo á ponte de Brandomil loce un novo aspecto grazas aos traballos de rexeneración que se están a realizar

ponte de Brandomil loce un novo aspecto grazas aos traballos de rexeneración da zona natural máis próxima á construcción que se están levando a cabo e cos que o Goberno Municipal de Zas dá un paso máis no esforzo para a posta en valor de Brandomil.

O bo tempo destes días permitiu retirar toneladas de terra procedentes das enchentes do río dos últimos anos o fixo que se descubrira a praia fluvial. Estes traballos súmanse aos máis de 100.000 euros que o Concello de Zas investiu nos últimos anos e que sitúan a Brandomil como un dos puntos arqueolóxicos de maior interese de toda a comunidade galega.

A limpeza e rexeneración da zona da Ponte de Brandomil estáse a realizar en coordinación coa Fundación Brandomil; que foi a entidade encargada de solicitar os permisos necesarios en Aguas de Galicia para a execución dos mesmos.

Ata alí achegáronse estes días o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla. 

Acondicionamento brandomil1
Acondicionamento Brandomil

Calzada romana

Por outra parte, o Concello de Zas vén de recibir, tras varios meses de xestións, a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para a consolidación do tramo da Calzada romana que unía na Idade Media as localidades de Negreira e Muxía e que foi descuberta en setembro de 2023. 

Con estes permisos, o Concello de Zas xa pode realizar os traballos de consolidación desta Calzada romana que consisten no acondicionamento da vía facendo a mínima intervención co fin de deixala ao descuberto garantindo a súa protección e conservación. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 junio, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...