CIM_Zas1

O Centro de Información á Muller de Zas atendeu máis de 650 consultas no 2021, unha cifra que duplica a do ano anterior

  • A atención xurídica e a psicolóxica foron dous dos servizos máis demandados
  • Ainda que o CIM funciona dende o 2001, non existen rexitros ata o 2014 e dende ese momento atendeu máis de 4.400 consultas de mulleres do noso municipio e doutros limítrofes como Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso

 

 

Ao longo do ano 2021 o persoal do Centro de Información á Muller – CIM – do Concello de Zas atendeu un total de 665 consultas sendo as de asesoramento xurídico (en canto a separacións, divorcios,…) e a atención psicolóxica as máis demandadas, con 225 e 228 consultas respectivamente. As cifras chaman a atención xa que en comparación coas do ano 2020 o número de consultas recibidas duplicaronse.

Durante o 2021 no CIM de Zas atendéronse ademais un total de 31 consultas de vítimas de violencia de xénero, outras 43 mulleres solicitaron información sobre diferentes recursos, 132 sobre cuestións máis xenéricas e 5 sobre temas realacionados co emprego. 

Ademais da atención dos casos, dende o CIM de Zas póñense en marcha diferentes actividades encamiñadas a promover a igualdade e a loitar contra a violencia machista. Entre elas están os diferentes programas que se organizan ao redor de datas tan sinaladas como o 8 de marzo, Día Internacional da Muller; ou o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e nos que se implican aos diferentes colectivos sociais. Pero un dos programas de maior éxito e que ten continuidade durante todo o ano son as actividades para adultos que se realizan nas diferentes parroquias do Concello de Zas e entre as que se inclúen a ximnasia terapéutica e de mantemento, pilates e ioga, zumba, manualidades, cesteiría, bordado e diferentes obradoiros. Ao longo do 2021 un total de 248 persoas, na súa gran maioría mulleres do noso municipio, participaron nestas actividades. 

O CIM

O Centro de Información á Muller do Concello de Zas é un servizo gratuíto que atende as demandas das mulleres e persoas do colectivo LGTBI de forma personalizada e confidencial. Leva en funcionamento dende o 2001, sendo un dos primeiros de toda a Costa da Morte, e presta asesoramento non só a mulleres e a vítimas de violencia de xénero do noso municipio se non que tamén a mulleres procedentes dos concellos limítrofes entre os que destacan Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso. Dende o 2014 rexístranse o número de casos e consultas atendidas e que desde ese momento suman máis de 4.400. 

O CIM está ubicado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas que está situado na travesía de Santiago, nº 40. Este é un servizo cofinanciado con fondos municipais e a través do cal o Concello de Zas traballa todo o ano a prol da igualdade e  na erradicación da violencia contra as mulleres. 

As persoas que o necesiten poden poñerse en contacto co persoal do centro a través do número de teléfono 981 70 83 03 en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.