medidores_gas_radon1

O Concello de Zas pon en marcha un estudo para a medición do gas radon en catro edificios municipais e nos catro centros de ensino

Esta primeira fase do programa, que se realiza en colaboración co Laboratorio Radon de Galicia, consiste na instalación duns detectores no interior destes inmobles que medirán a concentración do gas no aire  
 

 

Esta mañá completouse a instalación de medidores de trazas de gas radon en aire en oito edificios públicos do noso municipio. Esta é a primeira fase dun programa que vén de poñer en marcha o Concello de Zas en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se realizará nos seguintes inmobles:

  • Casa do Concello
  • Centro de Información á Muller
  • Centro Sociocultural de Zas
  • Centro Sociocultural de Baio
  • Escola Infantil de Zas
  • CPI de Zas
  • CEIP Labarta Pose 
  • IES Maximino Romero de Lema

Instaláronse dous tipos de detectores. Uns medirán as trazas de gas radon en aire interior durante tres meses e estes combinaranse con outros medidores en continuo que farán diferentes medidas nun periodo de cando menos tres días. O estudo, que ten un custe de 6.445,35€, é pioneiro na comarca.

O obxectivo deste programa é coñocer os niveis de concentración de radon nestes edificios públicos e en función dos resultados adoptar as medidas necesarias para garantir unhas condicións sanitarias seguras. “Ademais de facer as medicións nos edificios municipais decidimos estender o estudo aos centros de ensino do noso municipio co fin de coñecer a concentración de gas radon nestes inmobles e velar así pola saúde dos nosos nenos e nenas”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

A OMS – Organización Mundial para a Saúde – clasifica o radon dentro do grupo 1, o que significa que está demostrado que é canceríxeno para os humanos. Cando o radon pasa ao aire pódese inahalar ao respirar e unha vez dentro do corpo pode fixarse aos tecidos do pulmón e danar as células, o cal supón un risco para a formación dun cancro de pulmón. Debido ao noso tipo de chan, rico en uranio, o radon está presente en toda Galicia.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 julio, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 julio, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 julio, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 julio, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 junio, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 junio, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.