Portrait Of Smiling Florist At Flower Shop

O Alcalde de Zas aborda co Xerente da Área Sanitaria A Coruña – Cee a situación no noso municipio despois de detectarse varios casos de coronavirus no CEIP Labarta Pose

  • Dende o Sergas indican que a situación está controlada e que xa se activaron os protocolos habituais para frear a propagación do virus

 

  • Segundo informan dende a Consellería a situación non é alarmante aínda que é importante cumprir coas medidas preventivas

 

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, púsoxe en contacto esta mañá co Xerente da Área Sanitaria A Coruña – Cee, Luis Verdes, despois de que nos últimos días se detectaran varios casos de coronavirus no CEIP Labarta Pose de Baio que obrigaron a pechar unha aula. 

“Segundo nos transmiron a situación no noso municipio non é alarmante, aínda que é importante que cumpramos coas medidas preventivas como o uso da máscara e manter a distancia de seguridade”, sinala Manuel Muíño. Por este motivo, o Concello de Zas decidiu suspender de forma puntual as Escolas Deportivas de Fútbol aproveitando a ponte festiva, momento no que a actividade se reduce de forma notable.

Luis Verde explicoulle ao rexedor que o número de casos que hai actualmente rexistrados non son sinal de alarma nin a nivel local nin a nivel comarcal, de feito, segundo os datos emitidos o pasado martes pola Consellería de Sanidade no Concello de Zas había 0 casos rexistrados debido a que aínda non foran contabilizados os positivos que se rexistraron no CEIP Labarta Pose durante a fin de semana. O responsable da Área Sanitaria A Coruña – Cee indicoulle ao Alcalde de Zas que nestes casos o protocolo establece non realizar cribados polo que, de momento, descartase esa opción. 

O Alcalde de Zas quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a toda a veciñanza xa que, en principio, a situación está controlada e os casos están moi localizados. Aínda así Muíño reitera a importancia aplicar o sentido común para entre todas e todos poñerlle freo a esta pandemia. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.