A empresa que desenvolve os traballos ten previsto instalar estes días un tanque de tormenta
A entrada do paseo fluvial de Baio pola rúa Herbais da Pontepermanecerá pechada dende mañá mércores ata o sábado para facilitar o desenvolvemento das obras de urbanización da praza, que avanzan a moi bo ritmo. Os traballos non afectarán ao resto do paseo polo que se poderá transitar por el.
A empresa que está a realizar as obras, Lires Cons S.L., ten previsto instalar durante estes días un tanque de tormentas. Este depósito de gran dimensión será o encargado de almacenar as primeiras augas da choiva e depuralas para logo canalizalas para o río. Con eles evítase a contaminación do río, xa que estas augas pluviais arrastran unha gran cantidade de residuos.
O Concello de Zas inviste un total de 314.988,72€ nestas obras que dan resposta a unha vella demanda veciñal. O novo campo da feira de Baio ocupa unha superficie de 5.181 m² nos que se está a construir unha praza, unha zona de aparcamentos debidamente sinalizados e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema.