actividades_zas_2021_2022_deportivas

Ponse en marcha un completo programa con actividades deportivas, de ocio e de lecer para toda a veciñanza

  • Dado que as prazas son limitadas, é necesario facer unha preinscrición previa na Casa do Concello ou nos Centros Socioculturais de Zas ou de Baio
  • As actividades comezan o vindeiro 18 de outubro e case todas teñen unha duración de seis meses

 

 

Atletismo, fútbol, tenis de mesa, pilates, cociña, manualidades, manexo do móbil, informática, teatro,… son algunhas das propostas que se inclúen no programa de actividades deportivas, de ocio e de lecer para toda a veciñanza que vén de poñer en marcha o Concello de Zas a través do departamento de Cultura e Deportes. En total son máis de 25 actividades que se desenvolverán en diferentes localizacións do noso municipio e que arrancarán o vindeiro 18 de outubro. Dado o número de prazas son limitadas, as persoas interesadas deberán facer un preinscrición previa.

Co fin de fomentar o deporte e actividade física, ofértanse catorce propostas deportivas diferentes. Os máis novos poderán elixir entre fútbol, tenis de mesa, patinaxe, tiro con arco, multideporte, xadrez, balonmán, judo, taekondo e atletismo. Mentras que para as persoas adultas haberá clases de pilates, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, zumba, tenis de mesa e tiro con arco. 

No programa 2021-2022 tamén se inclúen actividades que fomentan a creatividade entre a nosa veciñanza, tales como os cursos de bordado, cestería, manualidades e, como novidade, realizaremos un obradoiro de Nadal que se realizará en Zas e en Baio e que está dirixido ás persoas adultas.

Nos próximos días tamén se poñen en marcha a Escola de Música e a Escola de Teatro nas que poden participar persoas de todas as idades.  

De febreiro a abril realizaranse os obradoiros de memoria dirixidos aos nosos maiores e este ano tamén realizaremos un curso de cociña que terá unha duración de dous meses e medio.

Dentro do programa de actividades 2021-2022 tamén se inclúe o módulo “Zas dixital” no que se ofertan varias actividades relacionadas coas tecnoloxías e dirixidas ao público adulto. Entre elas están os cursos de manexo de móbil básico, manexo de móbil avanzado e informática. 

 

 

 

No folleto que podes descargar ao final desta nova figuran os horarios, as localizacións e o custe de cada unha das actividades ofertadas. Os/as interesados/as en asistir a algunha ou varias destas actividades deben anotarse previamente na Casa do Concello (981 708 303), no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Zas. 

 

As listas de admitidos/as publicarase de forma previa ao inicio das actividades e para asistir deberase cubrir debidamente a folla de inscrición antes do pago da mesma. As actividades comezan a partir do 18 de outubro e case todas teñen unha duración de seis meses. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.