1sinatura_convenio

O Concello de Zas recibe diversos documentos orixinais de Enrique Labarta Pose para a súa difusión, exposición e estudo

  • O legado herdouno o baiés José Rojo Valiña, Pepe de Valiña, e agora foron as súas irmáns Olga e Teresa as que cederon a documentación
  • No acto de sinatura, que tivo lugar nas Torres do Allo, o Alcalde de Zas destacou a importancia do material que quedará exposto no Centro Sociocultural de Baio

 

Nas próximas semanas o Concello de Zas expoñerá de forma permanente diverso material orixinal de Enrique Labarta Pose. Este foi o compromiso que adquiriu o Concello de Zas unha vez que esta mañá se asinase o convenio de cesión de dita documentación que conservaban Teresa e Olga Rojo Valiña despois de que o seu irmán, “Pepe de Valiña”, herdase o legado do escritor baiés. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, agradeceu a cesión que veñen de facer as irmáns Rojo Valiña así como o seu esforzo por conservar esta documentación de gran importancia histórica. O rexedor lembrou a Pepe de Valiña, herdeiro do legado, e á súa “teima” por gardar e darlle valor a todo o relacionado sobre Labarta Pose e pola súa entrega ao pobo de Baio. 

Coa firma deste convenio, o Concello de Zas adquire o compromiso de expoñer nun lugar público toda a documentación cedida co fin de difundir a memoria e protexer o legado de Enrique Labarta Pose. A partir das próximas semanas todo o material estará exposto no Centro Sociocultural de Baio.

A cesión inclúe varios libros orixinais de Labarta Pose, tales como “Última novedad”, “Bálsamo de Fierabrás”, “Adormideras”, entre outros; revistas (Galicia Humorística, Pasatiempos, Galicia Moderna,…); mecanoscritos; diversos documentos tales como un poster de Enrique Labarta Pose incluíndo o seu poema “Libertad”, varias tarxetas postais de Jabier Pintos ao escritor baiés, artigos xornalísticos,…; e manuscritos.

Teresa Rojo quixo agradecer a disposición do Concello de Zas polo seu interés polo legado de Labarta Pose e por “cumprir o seu desexo que expresa no poema Levádeme pra miña aldea”. 

En canto á documentación cedida, Chema Lema – un dos filólogos que forma parte da Comisión Labarta Pose e que se encargou da catalogación do legado – destacou a importancia que ten para a vila de Baio que se faga público este material “non só porque entre el se atopen as primeiras edicións dalgunhas das obras de Labarta senon porque son as primeiras edicións que o propio autor gardou para sí durante toda a súa vida e que foi pasado aos seus fillos e netos”. 

Día das Letras Galegas

Este compromiso forma parte dunha serie de actividades que o Concello de Zas está levando a cabo co fin de dar a coñecer a vida e obra de Enrique Labarta Pose e, xunto co traballo da Comisión Labarta Pose, reivindicar a concesión do Día das Letras Galegas ao escritor baiés.

Precisamente se encargou de pechar o acto o portavoz de dita comisión, Jorge Mira Pérez. “Labarta tivo unha vida moi itinerante, sobre todo nos seus últimos anos de vida. Como todo baiés tiraba moito para aquí así que estaría moi contento de ver como o seu legado está na súa vila”. Jorge Mira tamén recoñeceu o papel de Pepe Valiña, herdeiro do legado, e “que foi un axente axitador único en Baio” así como o traballo das súas irmáns Olga e Teresa.

Por outra parte, continúa exposta ata o vindeiro martes, día 31 de agosto, no paseo fluvial de Baio a exposición ao aire libre sobre a figura de Enrique Labarta Pose coa que o Concello de Zas quere achegar a vida e obra do escritor a toda a veciñanza. Dende a súa inauguración, que tivo lugar o pasado 24 de xullo, moitos veciños e veciñas da vila e da contorna achegáronse ata o lugar para visitar a mostra composta por seis paneis con fotografías históricas e textos explicativos sobre os seus traballos.

1sinatura convenio
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 enero, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 enero, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 enero, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 enero, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 enero, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 enero, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.