solicitude_cachelas_de_san_xoan

Aberto o prazo de solicitude para as cachelas de San Xoán que deberán realizarse en espazos privados

Os organizadores comprométense a cumprir unha serie de normas básicas así como todas as medidas de seguridade e prevención da Covid19 vixentes
 

O Concello de Zas vén de abrir o prazo de solicitude para as cachelas de San Xoán que deberán realizarse unicamente en espazos privados e cumprindo sempre a normativa de seguridade e prevención da Covid19 vixente. 

O modelo de solicitude pódese descargar na Sede Electrónica do Concello de Zas – a través da seguinte ligazón https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Licenza-Cachelas-2021.pdf – e deberá presentarse na Casa do Concello xunto co DNI da persoa responsables e a identificación da parcela na que se realizará a cachela mediante un plano de situación ou a referencia catastral da mesma. As solicitudes deben presentarse antes do día 21 de xuño.

Unicamente se autorizarán aquelas fogueiras que se realicen en espazos privados e a persoa solicitante comprométese a cumprir todas as medidas de seguridade e prevención da Covid19 vixentes na data de celebración da cachela, especialmente no relativo ao número de persoas non convivintes que se poden reunir.

Co fin de evitar accidentes e outros riscos será necesario que haxa sempre xente vixiando a cachela e ademáis deberá de haber auga suficiente a man para apagar o lume en caso de que fose necesario. Unha vez rematada a celebración, deberán apagarse os restos de brasas ata a súa extinción total. Non se aproveitará a cachela para queimar restos domésticos (colchóns, mobles, táboas, roupa,…) nin agrícolas ou forestais. Ademais destas, a continuación detállanse as normas básicas de seguridade para as cachelas de San Xoán:

  • A cachela non poderá realizarse en zonas de dominio público
  • Queda terminantemente prohibido facer fogueiras en espazos públicos; tales como prazas, parques, rúas ou beirarrúas ou noutros que non se autoricen
  • A solicitude deberá acompañarse dun plano de situación do espazo privado ou a referencia catastral onde se realice a cachela, así como a situación de todos os elementos que se coloquen no espazo autorizado
  • Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono dos bombeiros (080) e de Emerxencias (112)
  • Nas zonas urbanas o volume do combustible non sobrepasará os 3 metros de perímetro nin 1 metro de altura
  • Nas zonas rurais o volume do combustible da cachela non sobrepasará os 5 metros de perímetro/diámetro nin 3 metros de altura
  • A separación entre as cachelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano será como mínimo de 12 metros, excepto no casco urbano
  • As cachelas nunca deberá colocarse baixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos corredores non exita ningún local no que se almacenen produtos inflamables
  • Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e, en xeral, de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico
  • En ningún caso se botarán no lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) ainda que estean baleiros
  • Prohíbese a colocación e exhibición de pancartas que non estean expresamente autorizadas
  • A hora límite para rematar a celebración é ás 03:30 horas da madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de Galicia para a celebración de festas e romarías populares
  • Ao finalizar a cachela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas
  • Será obrigatoria a limpeza do espazo ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cachela e/ou sardiñada
  • O desenvolvemento da celebración das cachelas e sardiñadas deberá axustarse ao permiso concedido 

Ademáis destas, a FEGAMP informa de que no eido privado¡ non deberán xuntarse máis de 15 persoas no exterior e 6 en espazos pechados.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.