axudas_para_autonomos_As

O Concello de Zas dará unha axuda de 1000€ aos autónomos/as afectados/as pola crise do COVID-19

  • A axuda está dirixida a aqueles autónomos/as que se viron obrigados/as a pechar o seu negocio polo estado de alarma ou que estivesen obrigados a abrir e tiveran unha caída de ingresos do 75%
  • Esta é a primeira medida do Plan de Revitalización da Economía Local no que traballa o equipo de goberno dirixido por Manuel Muíño

Dende as últimas semanas, o equipo de goberno do Concello de Zas – encabezado por Manuel Muíño Espasandín – traballa na elaboración dun Plan de Revitalización da Economía Local co fin de axudar a aquelas persoas máis afectadas pola crise provocada polo Covid-19.

Dentro deste plan, vense de aprobar unha primeira liña de axudas a través da cal o Concello de Zas outorgará de forma directa unha axuda de 1.000 euros a aqueles autónomos/as que se viron obrigados/as a pechar e cesar na súa actividade tras a declaración do estado de alarma ou que tendo que obrigatoriamente estar abertos, tiveran unha caída dos seus ingresos superior ao 75%. O total desta primeira liña de axudas ascende inicialmente a 150.000 euros. “O noso obxectivo é contribuir a soster a continuidade do noso tecido empresarial nun contexto de emerxencia socio-económica provocado polo Covid-19 como o que estamos vivindo”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Para poñer en marcha este primeiro paquete de axudas, o Concello de Zas reivindica unha vez máis que o Goberno do Estado autorice aos municipios a dispoñer dunha parte do remantente de tesourería – que no noso caso supera os tres millóns de euros – ou ben do superávit do exercicio 2019 que neste concello foi de máis de 800.000 euros. “En calquera caso, se ningunha destas opcións se autorizan habilitaríase unha partida específica nos orzamentos municipais”, indica o rexedor. 

As bases que regularán estas axudas para autónomos/as publicaranse no boletín Oficial da Provincia e que daránse a coñecer asimismo, a través das diversas canles oficiais do Concello de Zas (sede electrónica do Concello de Zas e tablón de anuncios) e tamén das redes sociais municipais). 

Dentro do Plan de Revitalización da Economía Local artellado polo Concello de Zas contémplanse outras medidas que se concretarán nos próximos días e entre as que se contempla un Plan de Emprego Local e a licitación dun paquete de obras públicas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.