15844195_1412033488820499_4720975380233228242_o

NOTA IMPORTANTE

Con motivo do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en todo o territorio nacional, informo de que o Concello de Zas abre as súas oficinas municipais no horario habitual para aqueles casos de necesidade e/ou urxencia que afecten principalmente ás persoas máis vulnerables nestes momentos como poden ser persoas maiores ou con patoloxías crónicas que vivan soas. 

Durante o estado de alarma, suspéndense os prazos administrativos entre as diferentes administracións públicas que se reanudarán no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

A veciñanza poderá efectuar as súas consultas mediante vía telemática ou telefónica a través do enderezo electrónico correo@concellodezas.org ou no número de teléfono 981 70 83 03.

Moitas grazas pola vosa comprensión e aproveito a ocasión para mandarvos moito ánimo. Estamos nunha situación difícil e dura da que confío en que pronto sairemos co esforzo de todos e todas.  E lembrade seguir as recomendacións das autoridades para protexernos do coronavirus.

Manuel Muíño Espasandín

Alcalde de Zas

15 de marzo 2020

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 mayo, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 mayo, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...