Para coñecer as consecuencias socioeconómicas do Covid-19, o Concello de Zas anima a todos/as empresarios/as e autónomos/as a cubrir unha enquisa
O alcalde de Zas, Manuel Muiño, solicita a colaboración de todos e todas os empresarios/as, e autónomos/as do Concello de Zas, para cubrir a enquisa que se está realizando para a elaboración do documento «PLan de Reconstrución e desenvolvemento da Costa da Morte», por parte dos distintos AEDLs da Costa da Morte, para coñecer a situación real na que se atopan nestes momentos en relación as consecuencias socioeconómicas do COVID 19.
Esta enquisa é anónima e curta, pero necesaria para ter unha fotografía real da situación na que estamos inmersos.
Os empresarios e autónomos que queiran participar, poden solicitala a través da páxina de facebook do Concello de Zas, por correo electrónico ao seguinte enderezo emprego@
O prazo remata o xoves día 23 de abril.
Agradecendo a colaboración de todos/as