sergas_telefono_coronavirus_ga

O Concello de Zas suspende todas as actividades municipais ata novo aviso

Esta é unha medida tomada seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia e das autoridades sanitarias para evitar a propagación do coronavirus

 

Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia e das autoridades sanitarias co fin de evitar a propagación do coronavirus, o Concello de Zas cancela a partir de mañá venres, 13 de marzo, e ata novo aviso todas as actividades municipais. 

A continuación detallamos as actividades que se ven afectadas por esta medida:

  • Ximnasia polas parroquias
  • Ximnasia terapéutica/pilates
  • Zumba
  • Manualidades
  • Bordado
  • Calceta
  • Tapicería
  • Cestería
  • Escola de Teatro Infantil
  • Escola de Teatro para Adultos
  • Tiro con arco
  • Fútbol (Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete)
  • Patinaxe
  • Taekondo
  • Balonmán
  • Judo
  • Tenis de mesa
  • Escolas deportivas así como todas as actividades extraescolares organizadas polo Concello de Zas
  • Baile para maiores: Tampouco se celebrarán ata novo aviso as sesións de baile para maiores que se realizan todos os sábados no Centro Sociocultural de Zas. 
  • Programa de actividades “Zas pola Igualdade”. As actividades previstas para os vindeiros días dentro do programa “Zas pola Igualdade” quedan suspendidas.
  • Sesión de contacontos infantil do programa “Ratos nas bibliotecas”

Por outra parte, dende o Concello de Zas rogámoslle a toda a veciñanza que adopte as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias e recordamos que o número de teléfono de información á cidadanía sobre o COVID-19 é o 900 400 116.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...