Entroido_Zas_2020

Continúa aberto o prazo para anotarse nos obradoiros infantís e no concurso de Entroido organizados polo Concello de Zas

  • O pavillón municipal de Zas acolle o martes de Entroido, 25 de febreiro, un gran festa na que haberá premios e filloas á pedra para todos e todas 
  • O Concello de Zas participa na campaña “Por un entroido en igualdade” promovido pola Deputación da Coruña

 

Xa metidos na conta atrás para o Entroido 2020 en Zas continúan abertos os prazos para anotarse nas diferentes actividades organizadas polo Concello de Zas. 

Os días 24 e 25 de febreiro, coincidindo coas vacacións escolares, realizaremos os obradoiros infantís de Entroido nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio. Os talleres serán entre as 11:00 e as 13:00 horas e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse previamente nos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056.

A outra actividade que completa o programa de actividades artellado polo Concello de Zas terá lugar o propio martes de Entroido (25 de febreiro) pola tarde. A partir das 16:00 horas comezarán as actividades no pavillón municipal de Zas con pintacaras, xogos e inchables para que os máis novos da casa desfruten desta gran festa. Un pouco máis tarde, a partir das 19:00 horas, comezarán o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán centos de filloas á pedra entre todos os asistentes e un total de 1.170 euros en premios que se outorgarán en función da orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a posta en escena.

Os/as interesados/as en participar no concurso de disfraces deberán anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do concurso antes das 18:00 horas no pavillón municipal de Zas. En ambos casos é necesario entregar debidamente cumprimentado a Ficha de Inscrición que se pode descargar das Bases do Concurso a través do seguinte enlace:  https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdfhttps://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdf

Ademáis o Concello de Zas súmase á campaña “Por un entroido en igualdade” promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña que ten como obxectivo loitar contra o machismo e as discriminacións nestas festas. A iniciativa consiste na difusión dun decálogo no que se recollen diferentes recomendacións tales como: descartar disfraces sexistas, librarse de estereotipos, propoñer a participación igualitaria e eliminar a linguaxe, entre outras.

DECÁLOGO POR UN ENTROIDO EN IGUALDADE

1. O Entroido é tempo de festa, propicio ao ao desenfreo, á diversión e á ledicia, mais NON TODO VALE. Temos a responsabilidade social de construírmos un mundo sen discriminacións.

2. Descarta para as túas fillas/os disfraces hipersexualizados. Os dirixidos ás nenas son unha forma de «violencia de xénero simbólica», cousifícaas e erotízaas como únicos valores ligados a elas, ao paso que os disfraces sexistas levados por homes ridiculizan e discriminan as mulleres.

3. Un bo disfrace ten de ser creativo, flexíbel, libre de estereotipos sexistas, seguro e adaptado a cada idade. Ofrece alternativas igualitarias na elección dos disfraces, promovendo non perpetuar a división sexual das profesións, que non ridiculice nin cousifique a imaxe da muller e que sexa respectuoso coa diversidade sexual, étnica etc.

4. Evita comprar disfraces en cuxo envoltorio aparecer a palabra sexy: é sexista e discriminatorio. Se detectares este tipo de publicidade, denúnciao a través do Observatorio da Publicidade Non Sexista da Xunta no enderezo igualdade@xunta.es ou ben telefona ao número gratuíto 900 400 273.

5. Nos centros escolares propón un mesmo disfrace para o alumnado, sen facer distincións por sexo.

6. Educa en igualdade desde a familia e todas e todos gozaremos dun Entroido libre de discriminacións e de violencia contra as mulleres

7. Non partilles ou toleres brincadeiras, imaxes ou comentarios sexistas, pois perpetúan os estereotipos de xénero e unha sociedade machista.

8. No Entroido, como no resto dos días do ano, NON é NON. Drogas e alcohol non son unha xustificación para as agresións. Se as presenciares, non as permitas. Rexéitaas e denúnciaas: podes chamar gratuitamente ao 016 ou ao 112.

9. Emprega unha linguaxe de xénero na túa comunicación oral e escrita, coida a selección musical que fixeres e procura que as imaxes que utilizares non sexan sexistas.

10. Se convocares concursos ou fas parte dunha comparsa ou agrupación, promove a participación igualitaria de mulleres e homes e non apoies a utilización de vestimenta, atrezo ou monicreques sexistas, ofensi

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.