cartel_comercio_pel_deputacion

Curso en Actividades Auxiliares de Almacén

O Plan de Emprego Local (PEL 2016-2019) posto en marcha pola Deputación da Coruña, dando un paso adiante no fomento do emprego a nivel provincial e aglutinando diferentes estratexias dirixidas a favorecer o desenvolvemento económico, contempla a captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos no territorio, en especial aqueles que resulten de interese para a xeración de emprego e o crecemento sostible.

Neste senso, o Proxecto EIXO enmárcase estratexicamente neste Plan, co obxecto de dotalo dos recursos necesarios para a execución de accións de inserción para a poboación xove da provincia, estratexia  indispensable para a consecución do principal obxectivo do PEL.

Formación

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP)

(COML0110) ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (RD 1522/2011, de 31 de octubre)

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria, sitas para a zona centro_sur no Polígono Industrial do Milladoiro e na cidade de Santiago de Compostela, e para a zona centro_norte en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio, prevista para mediados de maio, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

Esta é unha actividade dirixida a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos na Oficina de Emprego. 

Inscricións

As inscricións poderán realizarse a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas. Só se admitirán as inscricións enviadas por correo electrónico (eixo.pel@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no  que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e  selección das persoas mozas participantes.

O prazo de inscrición péchase o próximo martes 30 de abril ás 14:00 horas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 septiembre, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.