concello_zas_via_mariana

O Concello de Zas únese á Vía Mariana; a ruta luso-galaica que unirá Braga con Muxía

Máis dunha ducia de alcaldes, entre eles Manuel Muíño, participaron na presentación do trazado que tivo lugar o pasado venres na Franqueira (A Cañiza)

Nas vésperas do seu día grande, o Santuario de A Franqueira en A Cañiza foi o lugar elixido para a presentación da Vía Mariana; a nova ruta de peregrinación luso-galaica que unirá Braga con Muxía, enlazando diferentes santuarios marianos e atravesando impresionantes rutas paisaxísticas. Ao encontro, que tivo lugar o pasado venres, asistiron os alcalde dos Concellos polos que transcorre o roteiro e entre eles estaba o de Zas, Manuel Muíño Espasandín. Na reunión tamén estaban os ideólogos do trazado – José de la Riera e Luis Martínez Freixo – quenes explicaron con detalle as singularidades da ruta e evidenciaron o seu enorme potencial para captar turismo de natureza.

A xornada estivo organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta que apostou dende o primeiro momento polo proxecto debido á súa capacidade para fixar poboación e crear emprego. Ademais dos representantes municipais, entre os asistentes atopábanse membros de diferentes comunidades de montes e de asociacións veciñais.

Durante o acto, José de la Riera expuso as razóns que deron pé á creación desta ruta e cales son as singularidades que a fan especial e diferente ao resto de camiños de peregrinaxe. A continuación, Luis do Freixo explicou o trazado total e as etapas que o compoñen. Tamén interviu Miguel Domínguez, Alcalde de A Cañiza e Presidente do GDR, que destacou a importancia que esta vía ten como elemento dinamizador dos municipios polos que transcorre e expresou o propósito de prestar toda a colaboración posible dende as entiads que dirixe para que a ruta sexa unha realidade o máis pronto posible. Neste sentido, sinalou que se están a dar os primeiros pasos para a creación dun Centro de Interpretación e un albergue na parroquia de Parada de Achas, en A Cañiza, e punto de parada da Vía Mariana.

Pola súa banda, Félix Porto (Alcalde de Muxía), punto final da Vía, fixo mención ao «deserto verde» no que se están a converter algúns municipios pola súa despoboación e como este tipo de iniciativas axudan a revertir a situación.

A seguinte tarefa agora para facer realidade esta ruta é a sinalización do trazado, algo que se espera que se remate este mesmo verán e para o que se precisa da colaboración de todas as entidades privadas e Concello polos que transcorre a ruta.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...