baio-punto-rojo-2025

Baio acende o “Punto Rojo”: tres días de descontos, tapas, premios e moita vida nas rúas

Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn

 

A vila de Baio prepárase para converterse, os días 22, 23 e 24 de agosto, no epicentro das oportunidades coa celebración dunha nova edición do Punto Rojo, a feira de liquidacións que enche o comercio local de prezos irresistibles e moita animación. 

Durante estas tres xornadas, os establecementos asociados ofrecerán os seus saldos de fin de temporada, mentres que os locais de hostalería se suman coa súa xa tradicional ruta de tapas. Ademais, todas as compras realizadas durante a campaña poderán optar a 1.700€ en premios, repartidos entre a clientela. 

A feira complétase cunha programación para todos os públicos. O venres pola noite, a praza converterase nun cine de verán cunha sesión de cine nocturno ao aire libre. A partir do sábado, os máis pequenos poderán gozar de inchables, actividades infantís e un tren turístico que lles permitirá percorrer os distintos establecementos da vila. Non faltará a música polas rúas nin tampouco un obradoiro especial dos Premios Fouciño, que traerá moita creatividade a Baio. 

Outro dos atractivos do Punto Rojo serán os postos na rúa, onde os comercios sairán á vía 

pública con grandes oportunidades e, ademais, habilitarase un espazo para que particulares  poidan montar postos de segunda man con artigos ós que queiran darlle unha segunda vida. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación a través das redes sociais. 

A actividade está organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn, e busca consolidarse  como unha das citas imprescindibles do verán na Costa da Morte, poñendo en valor o comercio local e dinamizando a vida social da vila. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...