Zas-XVII-Motos-Antigas-Concello de Zas

O 8 de xuño celebramos a XVII Concentración de Motos Antigas

O Centro Sociocultural de Zas será o punto de saída e de chegada da XVII Concentración de Motos Antigas; un encontro que organiza o Concello de Zas en colaboración con Motos Josi.

“Para nós é un pracer que no noso municipio se realicen este tipo de eventos e dos que quedan poucos, xa que en toda a Costa da Morte só se celebran dúas concentracións de motos antigas; a de Zas e a de Carballo”, sinalou o Alcalde, Manuel Muíño, durante a presentación do cartel. Estivo acompañado de César Vázquez, de Lamas, que é outra das persoas que está detrás da organización deste encontro.  

Unha das novidades desta edición é a data, xa que se celebra o vindeiro 8 de xuño; uns días antes do habitual para non coincidir con outros eventos da zona. 

No encontro poden participar todas aquelas persoas cunha moto de máis de 35 anos. Coma sempre realizarase un percorrido por algúns dos puntos máis emblemáticos da Costa da Morte: cabo Vilán, Cereixo e praia do Lago, entre outros. O prezo é de 15€ para aquelas persoas que queiran participar na ruta e nos que se inclúen uns pinchos e de 35€ para aquelas que ademáis dexesen participan nun xantar de confraternidade que terá lugar no restaurante Tívoli de Zas. 

Inscricións

Para participar é necesario anotarse antes do 4 de xuño no número de teléfono 698 178 654.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...