baio-ten-as-letras-2025

«Baio ten as Letras»: unha nova páxina para a décima edición dun evento xa consolidado

O vindeiro mes de maio, a vila de Baio celebrará a décima edición dun dos eventos máis recoñecidos da zona, que ao longo dos anos logrou consolidarse como unha cita
ineludible para veciñanza e visitantes. O que naceu como «Baio ten a Pelota», aproveita o décimo aniversario para evolucionar agora co nome de «Baio ten as Letras», mantendo a esencia que o fixo popular e engadindo novos contidos culturais para enriquecer a proposta.

Esta transformación responde á vontade de manter vivo un evento que forma parte da identidade de Baio, apostando pola renovación con sentido, sen esquecer o pasado. A décima edición será, así, unha celebración especial que combina tradición e novidade, co obxectivo de seguir facendo medrar a vila a través da cultura, o comercio e a participación social.

Actividades principais
A programación desenvolverase os días venres 9, sábado 10 e domingo 11 de maio e incluirá os elementos que fixeron desta celebración un éxito ano tras ano:

• Descontos de ata o 20 % nas tendas locais participantes
• Ruta gastronómica de tapas nos bares da vila
• Animación nas rúas durante toda a fin de semana
• Moitas actividades infantís orientadas ao público familiar

Feira das Letras: a gran novidade
Entre as novidades desta edición destaca a posta en marcha da «Feira das Letras», que se celebrará na carpa situada na Praza Jorge Mira. Este espazo acollerá:

• Postos de venda de libros e artesanía relacionada coa lectura
• Cinco presentacións de libros a cargo de autores convidados
• Unha exposición fotográfica centrada na memoria visual do Concello
• Obradoiros infantís, como o de creación de marcapáxinas, entre outras propostas

Premios, sorteos e natureza
Como é habitual, todas as compras realizadas nos establecementos adheridos e as consumicións da ruta de tapas permitirán acumular cuños para participar en sorteos de
premios económicos ao rematar a campaña.

Ademais, organizarase unha andaina polo «Carreiro do Río», unha ruta de sendeirismo recentemente homologada. Esta actividade require inscrición previa gratuíta e rematará
cunha sesión vermú benéfica na propia Praza Jorge Mira.

Un evento organizado por BaiOn Asociación e Concello de Zas
«Baio ten as Letras» está organizado polo Concello de Zas e a recentemente creada BaiOn Asociación, unha nova entidade que xorde tras a disolución da anterior asociación de
comerciantes, coa intención de revitalizar e coordinar as iniciativas do tecido comercial local.

A nova asociación está aberta á participación de todos os establecementos de Baio que desexen formar parte dun proxecto común orientado a dinamizar a vila e fortalecer o seu
papel como referente cultural e comercial na comarca.

Toda a información relativa ao evento pode consultarse nas redes sociais oficiais da BaiOn Asociación e do Concello de Zas.

Baio ten as letras
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 enero, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 enero, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 enero, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 enero, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 enero, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 enero, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.