contacontos-diadolibro2025

O Concello de Zas leva o contacontos “O Poeta da Terra” adicado a Labarta Pose aos centros de ensino no Día do Libro

Este mércores, con motivo do Día Internacional do Libro, o Concello de Zas leva un contacontos sobre Enrique Labarta Pose a dous dos centros de ensino do noso municipio co obxectivo de dar a coñecer a figura de Labarta entre o público infantil e de promover o hábito da lectura. Esta é unha actividade que se enmarca na programación especial dos 100 anos do pasamento de Enrique Labarta Pose. 

“O Poeta da Terra” é o título deste espectáculo que nos trae Polo Correo do Vento que está baseado no primeiro libro infantil adicado a Enrique Labarta Pose e que foi editado recentemente polo Concello de Zas xunto con Lela Edicións. A través do conto e da ilustración repasarán unha boa parte da vida e obra de Labarta. 

Haberá dúas funcións. A primeira será as 10:00 horas no CPI de Zas e un pouco máis tarde, as 11:30 horas, no CEIP Labarta Pose de Baio.

“O Poeta da Terra”

Dende que se publicou, no mes de outubro, o Concello de Zas repartiu de forma gratuíta máis de 500 libros de “O Poeta da Terra” entre o alumnado de todo o municipio e as bibliotecas municipais e os centros de educación primaria dos 17 concellos que forman a Costa da Morte.

“O Poeta da Terra” é o primeiro libro infantil na honra de Enrique Labarta Pose e que destaca pola vistosidade das súas ilustracións. A través del, o equipo de goberno do Concello de Zas quere poñer en valor e dar a coñecer a figura deste ilustre veciño e conseguir que a Real Academia Galega lle adique o seu propio Día das Letras Galegas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.