escola-infantil-Zas

O Concello de Zas comeza a contratación das obras de mellora enerxética do edificio da Escola Infantil

O edificio da Escola Infantil de Zas, incluída na rede pública da Galiña Azul, pronto será un lugar cunha maior eficiencia enerxética; o que se traducirá nun menor consumo eléctrico e un maior confort para os seus usuarios e usuarias.

Para iso o Concello de Zas vén de iniciar o proceso de contratación das obras de rehabilitación enerxética do edificio que acaban de saír a licitación polo que xa está aberto o prazo para que as empresas interesadas presenten a súa oferta. Esta é unha obra na que se investirán un total de  231.213,71€, con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña. Con este proxecto, o Goberno Municipal reforza o seu compromiso co benestar da nosa veciñanza, en concreto das nosas crianzas; co medio ambiente e coa conservación das instalacións municipais. “Ademais de reducir a nosa pegada ambiental, estas obras permitirán ter un edificio moito máis confortable para as nosas crianzas”, apunta o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

As obras, que terán un prazo de execución de tres meses, consistirán basicamente na renovación das fachadas, da carpintería e da cuberta. Con esta actuación, preténdense mellorar a envolvente térmica do edificio para reducir así o consumo enerxético actual. Así mesmo, instalarase un sistema de calefacción aerotérmico que presenta un alto nivel de eficiencia enerxética xa que a maior parte da enerxía obtense do aire e só require unha pequena fracción de electricidade.

Con esta reforma completaranse as condicións de salubridade, confort e habitabilidade do edificio destinado á Escola Infantil de Zas. As obras permitirán mellorar tamén a estética do edificio e súmase aos traballos de reforma e ampliación realizados no ano 2022 nos que o Concello de Zas investiu máis de 100.000€ dos propios fondos municipais.

Dita reforma permitiu ampliar o número de prazas, dando resposta así á demanda veciñanza, e melloráronse notablemente os servizos coa instalación dun ascensor, modificouse a pranta baixa para facela máis funcional, creouse unha zona de agarda para os pais/nai, aumentouse a cociña e renovouse o seu mobiliario, realiaronse un vestiarios e creouse unha sala de descanso para o persoal. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.