baio-ten-a-pelota-maio-2024

Volve “Baio ten a pelota”con descontos, ruta de pinchos, artesanía, moita música, actividades infantís e 1.400€ en premios

Un ano máis, o Concello de Zas é o encargado de organizar este evento que se celebra os días 10, 11 e 12 de maio

Case a totalidade dos establementos comerciais e hostaleiros de Baio e de A Piroga participan nunha nova edición de “Baio ten a pelota”, que se celebra os días 10, 11 e 12 de maio e que se inclúe dentro do plan de dinamización do comercio local promovido polo Concello de Zas.

Durante estes días os protagonistas serán os diferentes comercios, nos que atoparemos importantes descontos; e os bares e restaurantes da localidade que nos ofrecerán diferentes tapas a un prezo de 2,50€. En total participan trece establecementos hostaleiros nos que poderemos degustar pratos como pementos recheos, tapas especiais, cazola de ovos con gulas, codillo, polo, raxo, pinchos morunos,… así como algúns pratos doces. 

Animación na rúa

Durante a fin de semana – sábado e domingo – as rúas estarán cheas de animación. Coma sempre instalaranse ao longo da estrada principal diferentes postos de artesanía da zona. Tamén haberá inchables e obradoiros infantís na Praza Jorge Mira Pérez e moita música da que se encargarán Os Enxebres de Cabana, os membros da Asociación Cultural Adro, Os Petadores de Zas e as charangas O Rumbo de Sardiñeiro e Os Celtas. Para facilitar a mobilidade entre os locais un tren turístico percorrerá a vila en horario de mañá e de tarde. 

O sábado á noite continúan as actividades cunha obra de teatro que se representarán no Auditorio de Baio e que se inclúe dentro da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada tamén polo Concello de Zas. Nesta ocasión, Gargallada Teatro de O Barco de Valdeorras traénos unha comedia para todos os públicos que leva por título “Crónica dun pobo”. A cita é as 21:00 horas

E como vén sendo habitual, entre todas as compras e consumicións realizadas nos establecementos particpantes realizarase un sorteo de 1.400€ que se repartirán en vales de 200€. “A gran cantidade de actividades organizadas ao redor deste evento fai que sexa un plan perfecto para todos os públicos”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.