colector-aceite-usado-lamas-zas

Recollidos en oito meses máis de 700 quilos de aceite usado de cociña

O Concello de Zas instalou en xuño do ano pasado 21 colectores específicos para este residuo

 

O Concello de Zas recolliu ao longo dos primeiros oito meses do ano un total de 705 quilos de aceite usado de cociña nos 21 colectores que se instalaron por todo o municipio en xuño do ano pasado. Os 705 quilos recollidos grazas á colaboración da veciñanza evitaron a contaminación de 775.500 litros de auga, xa que este é un residuo altamente contaminante que se soe tirar polo vertedeiro. 

En xuño do 2022 o Concello de Zas instalou por todo o municipio 21 colectores específicos para a recollida de aceite usado. Os colectores están distribuídos polas diferentes parroquias que forman o noso municipio e están instalados na vía pública polo que se poden usar todos os días do ano e a calquera hora do día. Tan só é necesario depositar o aceite de cociña usado en en botellas de plástico reusadas e debidamente pechadas. 

O Concello de Zas tamén ofrece un servizo de recollida gratuíto para os diferentes locais de hostalería do municipio. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

25 junio, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...