default

Descuberto nas proximidades da ponte vella de Brandomil un tramo do Camiño Real que unía Negreira con Muxía

O Concello de Zas, en colaboración coa Deputación da Coruña, puxo en marcha estas escavacións cuxos restos xa se localizaran en catas realizadas no 2019 O Concello de Zas investiu nos últimos anos máis de 60.000€ en diferentes actuacións co fin de conservar, protexer e poñer en valor o patrimonio arquolóxico que se agocha en Brandomil

 

Esta semana rematáronse uns novos traballos que acreditan o compromiso do Concello de Zas co patrimonio. Nesta ocasión, un equipo de arqueólogos, dirixidos por Lino Gorgoso, realizaron diferentes tarefas de limpeza para deixar ao descuberto un tramo do Camiño Real que durante a Idade Media e Moderna enlazaba as localidades de Negreira e Muxía por Brandomil e Baíñas. Trátase da principal vía de comunicación entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte ata mediados do século XX. En concreto escavaron unha área de 83 metros situada nas proximidades da ponte de Brandomil cuxos restos xa se localizaran nas catas realizadas no verán do ano 2019.

Tal e como sinalan os arqueólogos, o camiño “está nunhas condicións aceptables de conservación” aínda que se detectaron algunhas reparacións relativamente recentes o cal indica que o camiño estivo ao descuberto parcialmente ata os anos setenta. De feito, algúns veciños e veciñas de Brandomil lembran ir limpalo comunalmente.

O máis sorprendente, e que corrobora o xa identificado no 2019, é a localización de varios tramos de pavimento viario romano de tipo “glarea”, idéntico ao xa identificado na Pedra do Altar. Segundo os experto, esto confirma a orixe romana do trazado, único paso para cruzar do río Xallas ata a Idade Moderna. Tras esta intervención, comprobouse as características da calzada que no tramo escavado consta de cunetas, unha a cada lado, e tres bueiros para drenar a zona. O Concello de Zas contactará nos vindeiros días coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para analizar a importancia da vía e ver os posibles pasos a dar.

Moitos veciños e turistas xa se achegaron estes días ata a zona para observar os traballos. Ata alí tamén foron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Brenlla, que puideron comprobar a importancia da calzada así como ver os resultados da intervención. 

O Concello de Zas investiu nos últimos anos máis de 60.000 euros en diferentes actuacións co fin de conservar, protexer e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que se agocha en Brandomil. Os últimos traballos realizados están financiados polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.