pel-deputacion-concellos

O Concello de Zas inicia o proceso de contratación de catro peóns de obras e servizos múltiples

O prazo de presentación de instancias remata o 26 de xuño de 2023

O Concello de Zas vén de aprobar as Bases da convocatoria para a contratación de catro peóns de obras e servizos múltiples dentro do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servixos municipais nos concellos da provincia (liña PEL- CONCELLOS 2023).

Trátase dun contrato temporal a xornada completa para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral. A duración do contrato de traballo será de 5 meses desde a data de contratación, a xornada completa. En todo caso os contratos terán como data límite de finalización o 31/12/2023.

Entre as funcións a realizar están: tarefas de limpeza e mantemento de espazos públicos, vías públicas, camiños, roteiros, espazos libres, sistemas locais; funcións de operario de obras ou servizos de reparación; condutor dos distintos vehículos municipais; operario do servizo de augas, recollida de residuos e limpeza viaria, coas tarefas propias deste servizo e calquera outra que lle sexa encomendada relacionada co posto.

Presentación de instancias

O prazo para a presentación das instancias remata o vindeiro 26 de xuño. As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán presentar o ANEXO I das Bases, que se pode descargar a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/export/sites/zas/recursos/downloads/CPOSM2023-ANEXO-I.pdf

As bases completas da convocatoria poden consultarse aquí: https://sede.concellodezas.org/sxc/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230619093028917_ANEXO_1687159829-0.pdf

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 mayo, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 mayo, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...