entrega-premios-VI-mostra-teatro-afeccionado-labarta-pose

Entregados os premios da VI Mostra de Teatro Labarta Pose

 

Esta tarde tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.

O xurado, formando por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius, decidiu distribuír os 3.500€ en premios da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): «Vacacións», de Tequerreté Teatro
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma acreditativo): «A pena do cu do mundo», de Carrachanacha Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): «Arte», de Hipócrita Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma acreditativo): «Os veciños do lado», de Fauna 113
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma acredidativo): «A Lola», de Avelaíña Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): «Vacacións», de Tequerreté Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Carlos Iglesias, pola súa interpretación de Carlos na obra «Arte», de Hipócrita Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Marina Nieto, pola súa interpretación de Marta na obra «Vacacións», do grupo Tequerreté Teatro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e a Concelleira de Réxime Interior Persoal e Patrimonio Municipal, Natalia Espasandín, foron os encargados da entrega dos premios. Antes de coñecer os resultados, tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais de Talía Teatro, que interpretaron dúas pezas teatrais cargadas de humor; «Unha casa nada deshabitada» e «Cuestión de ovos».

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...