V_Universidade-Senior-concello-Zas

A Universidade Sénior oferta unha nova edición do programa de Democratización do Coñecemento aos adultos maiores da Costa da Morte

As clases desenvolveranse entre os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2023, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 5ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 6 ata o 19 de febreiro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE 

  • “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón. 22 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • “Arquitectura con minúsculas, novas sensibilidades tardomodernas”. Prof. Fernando Agrasar Quiroga. 1 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Visita cultural na contorna da Costa da Morte. 3 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA 

  • “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro. 8 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía al longo da Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte.  15 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 16 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas. 

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR 

  • “Hábitos saudables: estou facéndoo ben?”. Prof. Esther Fernández Fernández. 22 de marzo de 2022, de 17 a 19 h. 
  • “Benestar, vulnerabilidade e coidados”. Prof. Antía Pérez Caramés. 23 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Tecnoloxía para a saúde e a vida activa”. Prof. Betania Groba Martínez e Laura Nieto Riveiro.  29 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Sesión práctica. 30 de marzo, de 17 a 19 h. 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 octubre, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.