presentacion-parque-cientifico-tecnoloxico-costa-da-morteWEB

Zas presenta o primeiro Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte

O Alcalde Zas, Manuel Muíño; o Reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde; e membros do equipo de investigación presentaron onte este ambicioso proxecto que se financiará con fondos municipais A iniciativa, que se desenvolverá nunha 1ª fase do Parque Empresarial de Lamas, conta co apoio da Universidade da Coruña

 

O Alcalde Zas, Manuel Muíño; o Reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde; e unha parte do equipo investigador do proxecto entre, os que están Braulio Pérez Astray e Alfonso Bravo Juega; presentaron onte o futuro Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte.

O proxecto desenvolverase nunha primeira fase do Parque Empresarial de Lamas, contemplado no PXOM – Plan Xeral de Ordenación Municipal – e que figura entre os Parques Empresariais da Xunta de Galicia. “Despois dunha reunión que mantiven co Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Xunta de Galicia deunos o visto bo para desenvolver dende o Concello de Zas esta primeira fase do Parque Empresarial de Lamas”, indicou Manuel Muíño durante a presentación que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Zas. Unha vez tomada esta primeira decisión, o equipo de goberno municipal viu a necesidade de crear un parque empresarial que ofreza servizos diferentes aos xa existentes polo que se puxo en contacto coa Universidade da Coruña para estudiar a viabilidade de crear un parque empresarial con carácter científico e tecnolóxico. O Parque Empresarial de Lamas terá unha superficie total de 426.905 m2, dos cales 375.000 m2 serán destinados a superficie útil. A forma de adquisición dos terreos será por expropiación e esta 1ª fase financiarase con fondos municipais.

A Universidade da Coruña – UDC – foi a encargada de crear un equipo investigador que analizase a viabilidade deste ambicioso proxecto e entre eles está Braulio Pérez Astray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña; Nuria Calvo Babío, catedrática de universidade e xerente do Parque Científico-Tecnolóxico Río do Pazo da UDC en Narón; e Alfonso Bravo Juega, profesor titular da Facultad de Economía y Empresa da Universidade de Salamanca.

“Este proxecto supón un moi bo exemplo de cooperación entre dúas entidades públicas: o Concello de Zas e a Universidade da Coruña”, indicou Braulio Pérez Astray durante a presentación. Agárdase que esta cooperación vaia a máis e para a posta en marcha do parque espérase contar coa colaboración e co apoio doutras entidades públicas así como as empresas de toda a Costa da Morte. O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte pretenderá converterse en poucos anos nun referente para toda a comarca e incluso para toda a provincia xa que a nivel nacional exiten 52 parques empresarias deste tipo e dous dos cales están ubicados na comunidade galega. “Este proxecto ten un alto valor engadido porque dende aquí darémoslle prioridade á realización de actividades de I+D+i o cal axudará a crear emprego de calidade e a fixar poboación na zona”, sinalou o director adxunto da Fundación Universidade da Coruña. A participación da Universidade da Coruña será un elemento clave e diferenciador deste parque, xa que dende aquí ofreceráselle ás empresas todos os recursos necesarios para levar a cabo diferentes actividades de I+D. “Este parque está pensado dentro do modelo industrial do futuro e pensamos que a Costa da Morte e as súas empresas deben de incorporarse a esta dinámica”, sinalou Braulio Pérez Astray.

Deseño e lanzamento do parque

Pola súa banda, Alfonso Bravo Juega sinalou que o equipo investigador leva varios meses traballando no deseño e no lanzamento do Parque Científico e Tecnóloxico da Costa da Morte co fin de que que se poda calificar así seguindo os requisitos da Internacional Association of Science Parks – IASP – e da Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España – APTE -.

O estudo levado a cabo polo equipo investigador desenvolveuse en varias fases de traballo. Nunha delas exose unha análise tecno-económica onde se detectaron diferentes problemas económicos e sociais que afectan a Costa da Morte dunha forma especial; tales como o descenso da poboación ou os empregos pouco cualificados. “Cremos que o Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte pode axudar a solucionar en boa parte estes problemas”, sinalou Alfonso Bravo Juega. E para poñer en marcha este parque será necesario poñer contactar cos diferentes axentes involucrados, coñecer o fun- cionamento dos outros parques científicos e tecnolóxicos de España e crear un contac to directo coas empresas e grupos de investigación que podan instalarse as súas actividades no parque.

Apoio da UDC

Para a posta en marcha do Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte o Conce llo de Zas conta co apoio da Universidade da Coruña. Así o expresou o seu reitor, Julio E. Abalde, durante o acto de presentación. “Dende a UDC daremos todo o noso apoio para que este parque sexa un polo de tracción para o desenvolvemento especializado e que as empresas que o desexen conten co apoio e cos medios necesario para levar a cabo as súas investigacións”, sinalou. O reitor, que aproveitou a súa visita para asinar no Libro de Honra do Concello de Zas, felicitou ao noso municipio pola iniciativa e re-coñeceu que sentía “unha envexa terrible” ao oír que o Concello de Zas dispón da financiación suficiente para levar a cabo este proxecto de futuro para toda a Costa da Morte.

 

Que é un Parque Científico e Tecnolóxico?

Un Parque Científico e Tecnolóxico é un proxecto asociado xeralmente a un espazo físcico co coas seguintes actividades e funcións:

  • Mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior
  • Está deseñado para alentar a formación e o crecemento de empresas basadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque
  • Conta cun organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre empresas e organizacións usuarias do parque
Presentacion parque cientifico tecnoloxico costa da morteWEB
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 enero, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 enero, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 enero, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 enero, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 enero, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 enero, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.