1melloras_estradas_zas_baio_san_adrian

Rematan as obras de mellora en varias estradas das parroquias de Zas, Baio e San Adrián

O Concello de Zas investiu máis de 98.000 euros nestes traballos con cargo ao POS+ 2019

 

Estes días remataron os traballos de mellora que se realizaron en varias estradas de titularidade municipal e que se concentraron nas parroquias de Zas, Baio e San Adrián. En concreto investirónse un total de 98.698,67€, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2019.

As obras consistiron na limpeza e apertura das cunetas e na renovación do firme cunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de groso. En total renováronse case 11.000 metros cadrados de estradas municipais que presentaban un notable deterioro debido á climatoloxía e ao seu uso. A empresa encargada de realizar os traballos foi Ponciano Nieto S.L. 

Estas foron as estradas arranxadas:

  • Carretera de Ponte “Relojero” a DP. 9302 (Zas)
  • Rúa da Fábrica 
  • Vilar do Mato
  • Carretera Carballeira de Zas – O Vento
  • Carretera Carballeira de Baio – Parque infantil
  • Carretera San Adrián – Brandomil (tramo Berbia – O Vento)

As obras entran dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Goberno Municipal de Zas que ten como finalidade mellorar a seguridade viaria así como a estética da nosa estensa rede de vías de titularidade municipal. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...