hosteleria, bares terrazas restricciones covid, tapas

Publicado o modelo de solicitude para a exención do canon da auga aos establecementos de restauración e ocio afectados pola Covid19

Poden acollerse a esta medida os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo, furanchos hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos

 

Augas de Galicia vén de incorporar na Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2021, unha disposición dirixida á eximir do pagamento do canon da auga os consumos de auga correspondentes aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo do 2020, nos seguintes establecementos, sempre que estes teñan diminuído siginificativamente a súa actividade no dito período, isto é que os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020:

 

  • Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares
  • Os seguintes establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos
  • Hoteis e aloxamentos turísticos
  • Albergues turísticos

 

Procedemento:

Os contribuíntes do canon da auga pertencentes a algunha das actividades beneficiarias poderán solicitar a exención mediante o modelo aprobado ao efecto (Modelo AU231C de exención do canon da auga) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), podendo presentar dita solicitude tanto ante Augas de Galicia como ante a propia entidade subministradora.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...