ximnasia-terapeutica-zas

O Concello de Zas rebaixa os prezos das actividades deportivas, culturais e dixitais do Programa 2022/2023

Serán gratuítas para os nenos e nenas e o resto dos participantes empadroados no noso municipio terán unha bonificación do 50%

Co fin de paliar o encarecemento da cesta da compra e da vida en xeral, o Goberno Municipal de Zas vén de anunciar unha notable rebaixa nos prezos das actividades deportivas, culturais e dixitais incluídas no Programa para este 2022/2023.

Así, o equipo de goberno liderado por Manuel Muíño, decidiu que todas aquelas actividades dirixidas á rapazada sexan de balde, tanto para os empadroados como para os non empadroados. Entre elas estás patinaxe, multideporte, fútbol, judo, balonmán, tenis de mesa, atletismo, tiro con arco, teatro infantil e xadrez.

Tamén terán unha reducción do 50% no prezo aquelas veciñas e veciños empadroadas no Concello de Zas que participen en calquera das propostas dirixidas ás persoas adultas do Programa de Actividades 2022/2023.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...