Manuel_Muino-Congreso-nitratos2

O Alcalde de Zas viaxa a Madrid para solicitar ao Goberno do Estado información sobre os valores de nitratos recollidos no noso municipio

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, viaxou esta mañá a Madrid para presentar da man do Deputado do BNG, Néstor Rego, unha pregunta no Congreso para que os responsables do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondan a unha serie de preguntas en relación ao mapa das zonas sensible á contaminación a nitratos.

Desta maneira, o Concello de Zas, a través do seu Goberno Municipal, continúa dando pasos para a frear a proposta da Xunta de Galicia de declarar o noso municipio como Zona Vulnerable a Nitratos. “O Concello de Zas é o unico concello da Costa da Morte que figura dentro desta proposta que suscitou unha enorme alarma e incredulidade tanto nos productores como no equipo do Goberno Municipal dado que, comparado con outros municipios da zona, temos as explotacións agrarias mellor dimensionadas e con maior base territorial”, sinala Maneul Muíño. Neste sentido recalcou que “seguiremos defendendo ao noso sector agro-gandeiro ata o final”. 

Estas son as preguntas formuladas polo Bloque Nacionalista Galego:

1. Cales son as coordenadas das estacións de medición ubicadas no concello de Zas en que se recolleron as mostras utilizadas, segundo manifestou a Xunta de Galiza, para a determinación e elaboración dos mapas de zonas vulnerábeis a contaminación por nitratos?

2. Cales foron os criterios técnicos empregados para determinar esas estacións ou puntos de recollida de mostras para medicións?

3. Pode facilitar os datos e valores recollidos nesas estacións de medicións ubicadas no concello de Zas, nos últimos 5 anos?

4. Considera o Ministerio que, atendendo aos valores de nitratos de orixe agrícola recollidos no concello de Zas, debe considerarse a este termo municipal como zona vulnerábel á contaminación por nitratos?

Nos vindeiros días, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, reunirase cos representantes do sector agro-gandeiro do Concello de Zas para informalos dos pasos dados e de trasladarlle toda a información obtida ata o momento. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...