O 18 de xuño celebrarase o festival ‘Falemos + Galego’ en Baio a partir das 10:30 horas. Está presentado por Fran Hermida e contará coa actuación estelar de 9Louro. Ademais, tamén actuarán As Caramiñas do IES Pedra da Auga, as Pandereteiras do CPI de Zas, as Pandereteiras da Asociación Cultural Tinxideira do CPI A Picota e o Grupo de Gaiteiros do IES Maximino Romero de Lema. Participarán varios centros educativos.