O Concello de Zas acollerá a partir do vindeiro luns, 4 de maio, a exposición ‘Cores da alma’, unha mostra do artista catalán José Maynat na que tamén participa o seu fillo, Josep Maynat, con cinco acuarelas.
A exposición propón un percorrido artístico no que a cor é a gran protagonista, dando lugar a obras nas que os tons cobran vida e se fusionan coa arte das letras, creando unha experiencia estética singular.