O sábado 1 de agosto celebrarase a andaina O Vibrar do Río Anllóns dentro do programa ‘Andainas de verán’. Realizarase un percorrido circular de 12 quilómetros pola Laracha. Terá dificultade baixa. Punto de encontro ás 8:30 horas na praza do Concello. Recoméndase levar comida, bebida, roupa e calzado axeitado. Máis información e inscricións no 981 751 398.