Zasnoveran2020

Aberto o prazo de preinscrición para os campamentos infantís “Zas no verán”

Pódese formalizar nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio tanto presencialmente como telefonicamente dende hoxe e ata o vindeiro venres, 19 de xuño

Dende hoxe e ata o vindeiro venres, 19 de xuño, estará aberto o prazo de preinscrición para os campamentos infantis de verán organizados polo Concello de Zas. Por primeira vez é necesario facer unha preinscrición co fin de ter unha previsión do número de asistentes e seguir os protocolos de seguridade recomedados polas autoridades sanitarias para previr os contaxios polo Covid-19.

Estes campamentos, incluídos no programa “Zas no verán”, están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos e teñen como obxectivo, por un lado, que as familias podan conciliar e, por outro, que os máis novos da casa desfruten do deporte, da natureza e do noso patrimonio. Os campamentos desenvolveranse no vindeiro mes de xullo repartidos en dúas quendas cun máximo de participantes por quenda.

As preinscricións pódense realizar nos Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio, tanto de forma presencial como a través dos números de teléfono 981 75 13 98 ou 981 71 80 56. As prazas son limitadas.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 August, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.