mostra_enrique_labarta_pose_ies_terra_soneira_4

O IES Terra de Soneira acolle ata o 29 de abril a exposición itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose

Esta mañá tivo lugar o acto de presentación da mostra, ao que asistiron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez;e e a responsable da Biblioteca do centro de ensino vimiancés, Chus Barbeira

Dende hoxe as alumnas e alumnos dos diferentes cursos do IES Terra de Soneira de Vimianzo poden visitar a exposición itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose que quedou instalada esta mañá na Biblioteca do centro educativo.

Durante a inauguración da mostra, que tivo lugar esta mañá, a responsable da Biblioteca e mestra do centro, Chus Barbeira, fixo unha breve introducción sobre a exposición que estará no IES vimiancés ata o 29 de abril. Tamén aproveitou a ocasión para loar o traballo realizado pola Comisión Labarta Pose e polo Concello de Zas para que o escritor baiés teña o seu propio día das Letras Galegas. “Dende o IES Terra de Soneira queremos contribuír a divulgar a figura e a obra de Enrique Labarta Pose, por iso decimos traer esta mostra itinerante sobre a que traba- llaremos os vindeiros días”, dixo Chus Barbeira ante os alumnos e alumnas do centro que asistiron á inauguración.

No acto tamén estivo parte do equipo docente do centro educativo xunto do Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez. Muíño agradeceu o interese de- mostrado por Labarta e animou ao alumnado a descubrir a súa obra na que tamén están presentes distintos lugares de Vimianzo. De feito lembrou que o roteiro literario de Labarta Pose, que se presentou o pasado mes de marzo, discorre tamén polo municipio vimiancés. Pola súa banda, Mónica Rodríguez aproveitou a ocasión para “darlle os parabéns ao Concello de Zas por todo o traballo que está a realizar en canto á divulgación da obra de Labarta Pose e animou ao alumnado a empaparse de todos os detalles que nos deixa este compendio de obras que unha figura da relevancia de Labarta Pose ten para toda a comarca”.

Dende aquí, a mostra itinerante de Enrique Labarta Pose viaxará de novo á cidade da Coruña.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.