Cartel 25N Concello de Zasjpg

O Concello de Zas conmemora o 25N cun programa de actividades baixo o lema “Contra as violencias, educación”

A programación arranca mañá luns cun curso sobre a regulación emocional

 

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que se conmemora cada 25 de novembro, o Concello de Zas deseñou un programa de actividades baixo o lema “Contra as violencias, educación” que se complementa cos diferentes servizos que está a disposición de toda a veciñanza ao longo de todo o ano co propósito de loitar contra esta problemática social. Un destes servizos é o Centro de Información á Muller – CIM -; onde se ofrece información, asesoría xurídica e asistencia psicolóxica a todas as mulleres do noso municipio e doutros limítrofes como Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso.

A programación do 25N do Concello de Zas arranca mañá luns co inicio dun curso sobre a regulación emocional que se realizará todos os luns, de 18:00 a 19:30 horas, no Centro Sociocultural de Zas.

Dentro da programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres fíxose un especial esforzo para organizar actividades centradas nas idades mais temperás e que se levarán aos diferentes centros de ensino do noso municipio. Detallámolas a continuación:

  • “Acabouse o conto: nin máis nin menos”: contacontos infantil dirixido ao alumnado de educación infantil e primeira que levaremos o luns 25 de novembro ao CEIP Labarta Pose de Baio. O mércores 27 de novembro realizarase no CPI de Zas
  • “Empoderar é liberar”: tamén o 25N realizaremos unha actividade dirixida ao alumando do 3º ciclo de Primaria e ESO dos centros de ensino municipais que consisitirá na instalación de vinilos 
  • “Conectad@s. Relacionándonos na contorna virtual”: obradoiro dirixido ao alumando de 1º e 2º da ESO do CPI de Zas que realizaremos o 26 de novembro
  • “Scape Room Virtual: Bruxas e meigas en Serra da Veiga”: actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas

A programación do 25N pecharase o sábado 30 de novembro coa obra de teatro “Sen lingua”, interpretada por Serea Teatro. Esta é unha función dirixida ao público adulto que terá lugar no Auditorio de Baio ás 20:00 horas.

Cartel 25N Concello de Zasjpg
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 January, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 January, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 January, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 January, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 January, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 January, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.