Universidade Sénior nova edición do programa de Democratización do Coñecemento

A Universidade Sénior pon en marcha unha nova edición do programa de Democratización do Coñecemento dirixido a maiores de 50 anos

Universidade Sénior da Coruña, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do GDR Costa da Morte e do Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, no Auditorio de Baio.

inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazos web respectivos:

• UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ )

ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”

O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

• “Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda”, a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras 26 de abril, de 17 a 19 horas

• “A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas 3 de maio, de 17 a 19 horas

 • “O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes”, a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo 10 de maio 17 a 19 horas

Ao rematar a actividade formativa, o 10 de maio, partir das 19 horas  terá lugar os Acto de Clausura.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte e de As Pontes de García Rodríguez, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.

Descargas

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 June, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...