convites-38-FestaCarballeira2023

O Concello de Zas pon a disposición da veciñanza dúas entradas para a 38ª Festa da Carballeira

Ademais, os menores de 14 anos e os maiores de 60 anos accederán de forma gratuíta ao festival durante todo o día do sábado 12 de agosto

 

Dende hoxe e ata as 14:00 horas do 11 de agosto, xa se poden recoller nas oficinas do Concello de Zas as dúas entradas nominativas para a 38ª Festa da Carballeira que o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda do municipio con familias empadroadas no noso municipio e coas que accederán de forma gratuíta durante todo o día do sábado 12 de agosto. 

Desta forma, dende o Goberno Municipal queremos que todos os veciños e veciñas gozen dunha das festas máis emblemáticas do noso municipio que ao longo dos anos foi gañando importancia ata declararse Festa de Interese Turística Galega. 

Ademais, todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada para o festival e as actividades do sábado 12 de agosto.

Para acceder ao recinto será necesario presentar o Documento Nacional de Identidade.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.