Venres 11 de marzo: Documental “DIGNA RABIA” no IES Maximino Romero Lema

Proxéctase ás 12:30 

ACTIVIDADE: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “DIGNA RABIA”

DATA: Venres 11 de marzo de 2016

LUGAR: IES Maximino Romero Lema de Baio (Zas)

HORA: 12:30h.

DESCRICIÓN: Co gallo do Día da Muller Traballadora nesta semana, proxectarase o documental “Digna Rabia” contando coa presenza de Silvia Pérez Freire, Socióloga e investigadora social especializada en violencia de xénero, para facer unha análise polo miúdo.

O documental, dirixido por María Victoria Martins Rodríguez e Ángel Gallardo, trata a vida das mulleres galegas durante o período franquista e distintas xeracións reflexionan sobre o seu impacto nas súas vidas: como se enfrontaron con el, como sobreviviron, onde traballaron, como responderon á desigualdade, á reclusión doméstica, á sumisión, á violencia de xérero e ás dificultades para instruírse.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.