73399924_2765689120121589_5243316171108777984_n

Publicadas as bases para a contratación de catro operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais

As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto, con posibilidade de ampliarse o contrato ata o 15 de setembro

O tablón de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas recolle as bases para a contratación de 4 prazas de operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais de Zas e Baio.

As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto – con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía – cun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo durante e de 20 horas semanais. Entre as funcións que desempeñarán as persoas contratadas están: coidar que o comportamento dos bañistas se axuste ao disposto na normativa vixente e ao regulamento da instalación, realizar o mantemento e o control químico da auga, manter limpa a piscina, o recinto e as súas instalacións, rexistrar as anotacións e o control oportuno nos libros de rexistro, entre outras.

Os/as interesados/as en participar teñen un prazo de catro días hábiles a contar a partir de mañá, mércores, para presentar as súas instancias. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición.

As bases e a documentación a presentar poden consultarse a través da seguinte ligazón:

https://sede.concellodezas.org/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_2021
0615093020538.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.