PRESENTACIÓN DE WIMAX

O mércores 11 de febreiro de 2009 púxose en marcha unha rede de conexión a Internet Wimax en Zas, a primeira na Costa da Morte e que dará acceso a Internet de alta velocidade sen fíos. A fase de onte comezou coas zonas das parroquias de Meanos e Gándara.

O alcalde, Manuel Muíño, visitou na tarde as dúas parroquias presentando a instalación desta tecnoloxía Wimax e explicando como vai ser o funcionamento desta forma de comunicación que son a vangarda sen cables en Galicia. Foi acompañado neste acto por Manuel Pan, encargado de crear contido e servizos para ZasDixital quen tamén explicou aos veciños como, grazas a ZasDixital poderán realizar moitos trámites oficiais sen necesidade de desprazamentos ao Concello así como crear un sitio web para que as asociacións de veciños teñan un espazo común de difusión e organización. Tamén Brandán Hermo, en representación da empresa que xestionou a conectividade do sistema realizou aos veciños unha sesión práctica do sistema.

O xoves 12 ás cinco da tarde, o alcalde coa presenza do delegado da Consellería de Innovación e Industria e polo Vicepresidente da Deputación da Coruña Pablo Villamar farán a presentación oficial no centro sociocultural de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.