Ratos-bibliotecas-2023-2024

Os Ratos de Lonxedetodo volven ás bibliotecas municipais do Concello de Zas

Visitarannos dúas veces ao mes para traernos distintas funcións coas que convidarán os máis pequenos a adentrarse no mundo da lectura

Despois das vacacións de verán, os nosos queridos Ratiños de Lonxedetodo xa están de volta. O próximo mes de novembro arranca o programa “Ratos nas Bibliotecas” organizado polo Concello de Zas, a través do seu departamento de cultura, e que ten como finalidade animar aos máis pequenos da casa a adentrarse no fascinante mundo da lectura. “A través deste programa, que leva varios anos en marcha, fomentamos a lectura entre os máis novos dun xeito divertido e vemos como ano tras ano son máis as familias que asisten a estes espectáculos”; sinala Manuel Muíño, Alcalde de Zas

Ao longo dos próximos meses haberá un total de 14 funcións; dúas de cada un dos espectáculos, que se celebrarán os luns na Axencia de Lectura de Baio e os martes na Biblioteca Municipal de Zas. En ambos casos, a función comeza ás 18:00 horas e a entrada é de balde. Este é o calendario:

  • 13 e 14 de novembro: “A noite”
  • 18 e 19 de decembro: “Cueiros de cores”
  • 15 e 16 de Xaneiro: “Riciños de ouro”
  • 26 e 27 de febreiro: “Querémola paz!”
  • 25 e 26 de marzo: “Os sete chiviños e o lobo”
  • 22 e 23 de abril: “De onde veñen os bebés?”
  • 13 e 14 de maio: “Fábulas”

“O coelliño branco”, nas bibliotecas escolares

Con motivo da conmemoración do Mes Internacional da Biblioteca Escolar, este venres a ratiña Lilí Gruyère levará o espectáculo de “O coelliño branco” a biblioteca do CPI de Zas (10:00 horas) e a biblioteca do CEIP Labarta Pose (13:00 horas). 

Esta tamén é unha actividade organizada polo Concello de Zas coa colaboración de ambos centros de ensino. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.