campana-comercio-nadal-baio

Os comercios e locais hostaleiros e de servizos de Baio sortean 1000€ en bonos coas compras deste Nadal

Coas compras de Nadal xa en marcha; o sector comercial, hostaleiro e de servicios de Baio quere unha vez máis agradecer a toda aquela clientela que aposte polo comercio local e de proximidade cun sorteo de máis de 1.000 euros en bonos de compra.

A campaña, impulsada polo Concello de Zas e a agrupación empresarial BaiOn, desenvolverase dende este sábado – 14 de decembro – ata o 5 de xaneiro. Nela participan case 70 establecementos da vila que contan nas súas portas e escaparates cun distintivo en forma de piruletas.

Todas as compras e consumicións realizadas neles terán opción a un dos bonos de compra que se sortearán unha vez rematada a campaña comercial.

1ª Feira de Artesanía de Nadal

Ao mesmo tempo que arranca a campaña de Nadal, tamén comeza a 1ª Feira de Artesanía de Nadal que terá lugar durante esta fin de semana (sábado e domingo) en Baio e na que o Concello de Zas e o grupo empresarial BaiOn teñen preparadas unha gran cantidade de actividades para todos os públicos que se desenvolverán na carpa situada na Praza Jorge Mira Pérez. 

Ademáis as compras realizadas durante esta fin de semana nos establecementos adheridos terán dobre premio; xa que entratarán no sorteo dos 1.000€ e tamén recibirán un vale para canxear por chocolate quente que se servirá na Praza Jorge Mira Pérez por cortesía de Feirauto.

Programación de Nadal

O Concello de Zas vén de presentar a súa programación de Nadal na que, como vén sendo habitual, se inclúen diferentes actividades que se realizarán na carpa instalada na Praza Jorge Mira. Entre estas están a visita de Papá Noel, as festas de pre Fin de Ano (unha infantil e outra para persoas adultas) e a cabalgata de Reis. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.