reunion_fegamp2

Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste último ano

  • Reuníronse con Alberto Varela en Santiago na busca de apoios para evitar o peche de oficinas nos tres municipios 
  • Os tres rexedores insistiron na necesidade de evitar “a toda costa” estes peches “inxustos”

 

 

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, comprometeuse esta mañá en Santiago nunha reunión coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o alcalde da Baña, José Antonio Pereira, a impulsar unha enquisa entre os concellos para analizar como lles está afectando a concentración de oficinas bancarias logo de constatar que están abandonando maioritariamente os núcleos rurais deixando sen servizo á súa poboación.

A reunión tivo lugar na sede da Fegamp e nela tamén participou o tenente de alcaldesa de Vimianzo, Víctor Muíño. Respondeu a unha solicitude dos propios rexedores co obxectivo de buscar apoio para evitar o peche das oficinas de Abanca en Zas, Baíñas (Vimianzo) e A Baña, peche que vai prexudicar moitas veciñas e veciños do rural dos tres municipios.   

Entenden o peche, previsto para o 8 de setembro e que afecta directamente a unhas 10.000 persoas, como un total abandono do rural por parte dunha entidade que se debe, en gran medida, a esta poboación, xa que está fundada en Galicia e o territorio está conformado caracteristicamente de xeito disperso abondando precisamente os núcleos rurais.

É por iso que os alcaldes consideran “unha contrariedade” ir en contra do propio espírito do que sempre presumiu Abanca de estar ao carón das persoas cando van deixar abandonados e abandonadas a moitas veciñas e veciños que “levan toda a vida confiando a súa economía á entidade”, apuntan.

Alberto Varela, presidente da Fegamp, compartiu cos rexedores  a constación por parte da federación dun aumento da inquedanza entre os concellos nos últimos meses ante unha política financieira de peches e recortes horarios que provoca dificultades na veciñanza para acceder a un servizo esencial, ademais de influír negativamente no futuro das localidaes. Compromteuse, xa que logo, a facer un mapa da situación actual e unha retrospectiva do último ano, “xa que nos últimos meses os avisos de peche estanse a intensificar e producir de forma súbita sen ningún tipo de consenso cos consistorios”.

Ao remate da reunión, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo remarcar “que non é unha problemática exclusiva aos nosos municipios, senón que afecta a toda a comunidade galega. Son moitas as persoas afectadas e non podemos permitir que a situación siga adiante. Temos que conxuntarnos para reverter a situación”, declarou. 

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, destacou que desta reunión saíse a iniciativa conxunta de enviar un comunicado a todos os concellos de Galicia para coñecer con exactitude cantas sucursais pecharon e cantos municipios e veciños se viron prexudicados: “Desde hai un ano, o número de localidades afectadas por estes peches non para de aumentar. É inadmisible que cada día se deixe o rural con menos servizos mentres se venden iniciativas para a súa revitalización”. O caso da Baña é, ao seu xuízo, “inxustificable. Cónstanos que a oficina é rendible para Abanca. Hai uns oito meses tivo unha remodelación, o local físico é propiedade do banco e o persoal vai ser trasladado ao concello limítrofe. Todo isto desconcértanos, non ten ningún sentido”.

Pola súa banda, Manuel Muíño, alcalde de Zas, sinalou que unha vez que saibamos cantos concellos hai afectados por estes peches coñeceremos a magnitude deste problema que afecta a toda Galicia. “Hai miles de galegos e galegas afectadas por esta folla de ruta que seguro que non se detén aquí, senón que entre os plans de Abanca está seguir pechando entidades e diminuir así os servizos que se lle prestan á veciñanza”, indicou Muíño. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 February, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.