VII_mostra_teatro_afeccionado_labarta_Pose_Entrega_Premios

“O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, triunfa na VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Onte pola tarde tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da sétima edición deste certame organizado polo Concello de Zas

Onte á tarde tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas. Nesta edición, un total de 28 obras de teatro de diferentes grupos e compañías de toda a comunidade optaron a ser finalistas e das cales o xurado, integrado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, seleccionou cinco.

Este foi o reparto dos 3.900€ en premios:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Crónica dun pobo”, de Gargallada Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “A pousada da pantasma coxa”, de A.C. Faíscas
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Lonxe dos teus abrazos”, de A.C. Teatro do Ar
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acredidativo): “Fatum”, de O Catre Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Emilio González López, pola súa interpretación de Ditador na obra “Crónica dun pobo”, de Gargallada Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Miriam Bouso Gallego, pola súa interpretación de Andrea na obra “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao

“O traballo de Andrea” foi a obra de teatro con maior número de recoñecementos. Este drama, interpretado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros (Lugo), ten como protagonista a Andrea; unha rapaza que está a facer o seu traballo de fin de curso. Os representantes do colectivo déronlle as grazas e os parabéns ao Concello de Zas por fomentar o teatro amateur e despois do éxito deste ano, que era a primeira vez que se presentaban, aseguraron que “volveremos ás vindeiras edicións”.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, tamén fixo a entrega en nome de todo o Concello dun trofeo aos membros de Badius para recoñecer os máis de 40 anos que levan enriba dos escenarios.

Clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas

Antes de ser a entrega de premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais. Os nenos e nenas interpretaron “O rei nú”; unha divertida obra de teatro coa que o público pasou un anaco moi entretido.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.