A Dirección Xeral de Transportes da CPTOPT da Xunta da Galicia ven de conceder ao noso Concello as seguintes rutas do Programa Noitebús:
– RUTA A: Baio (fronte ao Acuario) – Lamas (taberna Cotelo) – ZAS (Praza do Campo) – Santo Adrián (bar Tabares) – Meanos (igrexa San Martiño) – Muiño (taberna de Andrés) – Brandomil (taberna de Pedro) – Santa Comba (Praza da Feira).
– RUTA B: Fornelos (no cruce) – Baio (fronte ao bar Acuario) – San Clemente (cruce estrada xeral) – Quintáns (taberna de Muiño) – Carreira (na praza) – ZAS (Praza do Concello)- Santa Comba (Praza da Feira).
As saídas serán ás 00.00 h. dos lugares indicados, e o retorno ás 06.00 h. dende a Praza da Feira de Santa Comba.
Os desprazamentos serán realizados durante todos os sábados do 2007 pola empresa Autocares Facal,S.L..
Pola vosa e a nosa tranquilidade…saíde no Noitebús!